• warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 130.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 694.

MANI-FESTA-ACCIÓN EN CARBALLO EN CONTRA A MINA EN CORCOESTO

 Dom, 14/04/2013 - 12:00
 19:00
Dende a Cova dos Ratos, coma parte da rede de colectivos a RNSV, queremos solidarizarnos coa luita contra a mina contaminante a ceo aberto que queren facer en Corcoesto.   
Temos a idea de contratar un bus para asistir a manifestación que terá lugar en Carballo este domingo 14 de abril, contra esta desfeita. Será a manifestación central das mobilizacións que se están a facer, polo que é moito importante asistir.
Temos que ser unha morea de xente! 
Non é un problema de Corcoesto. Non é un problema de Bergantiños.  Corcoesto é só a punta de lanza dunha inmensa desfeita programada de norte a sur: a veta Malpica-Tui. Xa están escomenzando en Tomiño!!
Falemos agora, para que calen para sempre!
Vente con nós a manifestarte o domingo ás 12:00 en Carballo, a saída sería as 09:00 dende a Praza dos Cabalos en Vigo.
Animadevos a vir! necesitamos confirmación para saber o número de plazas no bus, por favor, respostade canto antes sobre a vosa asistencia a este enderezo de correo electrónico.
Prégase difusión!
Saúde!
--------------------------------------------------
AC CalEiDoSKopiO
"A Cova Dos Ratos"
Romil 3 Baixo, Vigo-Galiza
Tlfne.: 886 164 365
espazo comunicativo: http://cc.arkipelagos.net
--------------------------------------------------

CONCERTO MÚSICA TRADICIONAL

 Ven, 12/04/2013 - 21:30

Gonzalo Caride e grupo. Tocarán música galega tradicional.

Gaita, percusión, e violín serán os intrumentos protagonistas. 

XANTAR POPULAR " A RIA NONSEVENDE"

 Sab, 13/04/2013 - 14:00
 16:30

 

Xantar popular coma cada segundo sábado domes, a prol da plataforma  da Ria.

3.5 euros a bebida a parte.Aimádevos que hai boa comida e boas sobremesas.

CONCERTO!! " RED TREBOL" " SPOOKY PROMMONSTERS"

 Sab, 13/04/2013 - 21:30

FEIRA DE SEMENTES E PLANTON ECOLOXICO

 Dom, 14/04/2013 - 11:00
 20:30

OBRADOIRO DE CESTEIRIA 25º QUENDA verán

 Xov, 11/07/2013 - 17:00



OBRADOIRO DE INICIACIÓN:



O grupo é moi amplo e pódense propor outras datas, hai mo bo ambiente, e xente a tódolos rítmos, ainda que sexa a 25º quenda pódese comezar en calquer momento.





- Nocións básicas.
- Materiais, especialmente os tradicionais.
- Tipos e usos.

O obradoiro terá lugar os SÁBADOS E XOVES.

XULLO (6,13,20,27)
(11,18,25)

AGOSTO ( por confirmar)

17:00-21:00

Faremos un percorrido polos tipos básicos de trenzazo e especialmente polos distintos materiais que o noso entorno privilexiado nos agasalla.

O obradoiro é gratuito, aportando os materiais o centro, na primeira sesión e traendo os participantes os seus na seguinte, non precisa de inscripción e o final de cada sesión poderán aportar os participantes o que consideren e poidan para o bote do material de traballo.

Aspira a ser unha actividade estable, que se vaia desenvolvendo a medida que o fan tamén os seus participantes. ANIMÁDEVOS :

 

PROXECCIÓN: LA FUENTE DE LAS MUJERES

 Mer, 20/03/2013 - 20:34
 22:00

PILATES: GRUPO INICIACIÓN

 Mer, 15/05/2013 - 17:30
 18:30

A partir do 3 de abril
todos os mércores en Cova haberá clases de pilates para tod@ aquelx que
desea conocer mais o seu corpo, controlar a sua respiración, estirar e
ponerse en forma...
O chan está frío, se podes, trae esterilla!
Non fai falta coñecementos previos, empezaremos con prepilates e
dependendo do grupo e da xente se poderían facer dous grupos...

A actividade e gratuita tendo un bote para as aportación que cada un poida e considere.

Tí só tes que vir con ganas! Agardámosche!

Coloquio: IMAXINARIO LIBERTARIO, MOVEMENTOS ANTICARCELARIOS E REPRESIÓN NA ESPAÑA entre S( XIX- XX)

 Sab, 23/03/2013 - 20:30

 

O
sábado 23 haberá en Cova una charla acerca do movimento anticarcelario
nun marco libertario dende unha perspectiva histórica... Estamos
tentando sacar a rúa a situación dos cárceres, a pena punitiva de
privación de libertad, as torturas sistemáticas que ocurren tras dos
muros, e a luita de quén decide non calar e enfrentarse...
Achégate!




Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.