• warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 130.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 694.

VERAN EN COVA

 Mar, 18/06/2013 - 15:24
 Lun, 01/07/2013 - 15:24

CHARLA: 2 UTOPÍA CONTAXIOSA: GASTOS MILITARES E MODELO DE DEFENSA DO ESTADO ESPAÑOL"

 Sab, 01/06/2013 - 20:00
 22:00

Dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares 2013 (http://www.nonaogastomilitar.org/content/campa-2013-pola-obxecci-n-fiscal-aos-gastos-militarizados) organizamos unha charla o sábado 1 de xuño na que contaremos coa presenza de dous membros do colectivo Utopía Contagiosa (http://www.utopiacontagiosa.org/).

O título da charla é "Gastos militares e modelo de defensa do Estado
Español" e nela contaremos coa presenza de José Ambrona e Juan Carlos
Rois que nos falarán dos gastos militares no estado español (http://es.scribd.com/doc/141914202/gm-2013-triptico-pdf) e analizarán o modelo de defensa actual baseado no militar e a violencia.

Vídeo Utopía Contagiosa http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=RMlMbuZKHQc

OBRADOIRO DE PILATES

 Mer, 22/05/2013 - 17:30

ANDAINA DE CABRAL " OS VECIÑOS POLA DEFENSA DO SEU MONTE"

 Dom, 19/05/2013 - 11:01
Difunde!
DOMINGO, 19 MAIO, 11 HORAS, ANDAINA POLOS MONTES DE CABRAL
Como non resultan suficientes os centros comerciais que hai na nosa cidade e arredores, o Concello de Vigo apoiado por capital estranxeiro planea levar a cabo un macro centro lúdico comercial e residencial nos montes de Cabral. Este levaría por diante toda unha grande área de importante valor ecolóxico e cultural, valor dado tanto polos seus vestixios arqueolóxicos coma pola súa vitalidade acuífera. Xa que logo, queren arrasar co monte alegando postos de traballo e maior riqueza e beneficio para á veciñanza en particular e a cidade en xeral.
Pois non! Non é certo! Imposible de crer!
A riqueza é termos un ecosistema vivo que sirva para alimentármonos. O beneficio debe vir do pequeno comercio, da empresa familiar que permita que todas as persoas teñan aceso a un prato de comida. E, finalmente, a parte lúdica non pode estar nun centro comercial. Cómpre que cativos e cativas aprendan a construír os seus propios xogos e xoguetes, as súas inquedanzas. Se non logramos que lean, soñen e constrúan de por si estaremos condeando á inopia ás vindeiras xeracións. Xa que estes, hoxe, só son pequenos autómatas que xamais darán en facer un carro de bólas!
Por iso, este domingo 19 de maio botámonos ao monte para revalorizalo e coñecelo!
Vén, acode e difunde!
UNHA TERRA VIVA É UNHA VIDA DIGNA!

EN GALEGO

 Sab, 18/05/2013 - 12:00

REPRESENTACIÓN TEATRAL: " NAVY BAR"

 Sab, 25/05/2013 - 21:30
 22:30

 

Convidámosvos a pasar un rato teatral no Navy Bar o Sábado 25 de Maio no C.S.A "A Cova dos Ratos".

PRESENTACION REVISTA : " O GOLPE"

 Sab, 11/05/2013 - 20:30

Dende Lapsus, distribuidora alternativa, queremos convidarvos á
presentación da revista "O Golpe".

O sábado 11 de maio ás 20:30h na "Cova dos Ratos", r/romil,3 Vigo


Case un ano despois da súa aparición, e a uns meses da saída á rúa do
seu novo número, teremos a oportunidade de coñecer da man dos seus
editores as interioridades deste proxecto, poderemos discutir os
contidos do número 1 "Política e Crise" e coñecer os temas que se
tratarán no que será o número dous deste proxecto que pretende ser "un
convite ao pensamento crítico" e que apelou na súa presentación escrita a
Tiqqun e á inspiración dos Black Panthers.

Agardámosvos!


P.D: Aproveitamos para presentarvos o noso blog, no que iremos
informando das novidades que cheguen aos andeis da distribuidora e dos
actos nos que participamos http://lapsusdistribuidora.blogaliza.org/

OBRADOIRO DE PILATES

 Ven, 10/05/2013 - 17:30

A próxima seman non será o mércores, senon o venres...    E logo osmércoresde novo....

IV ANDAINA POLA PROTECCIÓN DA SERRA DO GALIÑEIRO

 Dom, 21/04/2013 - 10:32
 21:00

http://serragalinheiro.files.wordpress.com/2013/04/iv-andaina-mapa.jpg

HOMENAXE A RICARDO MELLA

 Sab, 20/04/2013 - 18:00

http://acboueva.blogaliza.org/files/2013/04/901477_447453255338098_341487110_o.jpg




Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.