Biscoito caleidoskopico

  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 130.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 694.

Ingredentes:
- 400 g de fariña integral
- 150 g de sucre
- 1 chorro de aceite
- 1 culleriña de sal
- 2 culleriñas levadura
- 3 vasos de bebida de soia

Esta é a base para facer o biscoito...
a partires de aquí pódese facer de diferentes tipos:
- De cacao: engadir 50 g de cacao en pó, chocolate, froitos secos
- De froitas: engadir á pasta inicial froitas: pasas, pera, mazá...
- Con licor...

Procedemento:
- Misturar todos os ingredientes secos.
- Botar pouco a pouco a bebida de soia, o aceite, licor (se o leva) ata acadar unha pasta mais ben espesa, que non caia da pota con facilidade... misturade moi ben.
- Botarlle o resto dos ingredientes: froita, froitos secos, chocolate...
- Engrasar o molde con aceite.
- Botar a pasta no molde e adornar.
- Prequentar o forno a 180º un ratito antes.
- Meter no forno e cocer a 180º durante 50' aproximadamente.




Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.