Muller negra

  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 130.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 694.

Todavía cheiro a escuma do mar que me fixeron atravesar
A noite, non podo recordala.
Nin o mesmo océano podería recordala.
Pero non esquezo o primeiro alcatraz que divisei.
Altas, as nubes, como inocentes testemuñas presenciais.
Acaso non esquezín nin a miña costa perdida,
nin a miña lingua ancestral.
Deixáronme eiquí e eiquí vivín.
E porque traballei coma unha besta,
eiquí volvín nacer.
¡ A canta epopeia mandinga intentei recurrir!

Rebeleime.
Súa Merced mercoume nunha praza.
Bordeei a casaca da Súa Merced e un fillo macho lle parín.
Meu fillo non tivo nome.
E Súa Merced morreu a mans dun impecable lord inglés.

Andei.
Esta é a terra onde padecín bocabaixos e azoutes.
Boguei o longo de todos os seus ríos.
Baixo o seu sol sembrei, recolectei e as colleitas non comín.
Por casa tiven un barracón.
Eu mesma trouxen pedras para edificala,
pero cantei o natural o compás dos paxaros nacionais.

Subleveime.
Nesta mesma terra toquei o sangue humido
e os ósos apodrecidos de muitos outros,
taídos a ela, ou non, igual ca min.
Xa ninca máis imaxinei o Camiño a Guinea.
¿Era a Guinea? ¿A Benín? ¿ Era a
Madagascar? ¿ O a Cabo Verde?
Traballei muito máis.
Fundei o meu canto milenario e miña esperanza.
Eiquí construin meu mundo.

Fun ó monte
Miña real independenza foi o palenque
e cabalguei entre as tropas de Maceo.
Só un século máis tarde,
xunto os meus descendentes,
dende unha azul montaña.

Baixei da Serra
Para acabar con capitales e usureiros,
con xenerais e burgueses.
Agora son: só hoxe temos e creamos.
Nada nos é axeno.
Nosa a terra.
Nosos o mar e o ceo.
Nosas a maxia e a quimera.
Iguais meus, eiquí os vexo bailar
enredor da árbore que prantamos para o comunismo.
Súa pródiga madeira xa resoa.

---------------
              Nancy Morejón




Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.