Escoita, Pequeno Hombrecito

  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 130.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 694.

Escoita, pequeno hombrecito, e non te agoches. Pregunto por ti, por ti que tanto medo tes de fregar os pratos, de chorar cando ves “Los puentes de Madison”, de tender as bragas da túa compañeira, os calzóns do teu fillo.

Escoita, cobarde hombrecito, e non te agoches. Pregunto por ti, que segues a rir cos chistes machistas, que sigues contando aventuras con mulleres que nunca existiron, que te mofas de opcións sexuais distintas as que ti queres impoñer.

Fáloche, pequeno hombrecito, quen sabe si en nome de mí, ou de uns cantos, ou de uns miles, e preguntoche: ¿De qué tes medo? ¿Tes medo de que os homes nos pasemos ó bando das que ti chamas inimigas? ¿Tes medo de que –iso sí- a trompicóns tantos homes nos demos conta do sistema inxusto que mantemos? Queras que non, a marea vai a seguir subindo, e a praia da inxustiza vaiche quedando curta. Porque confío, porque confiamos en que os privilexios que mantés vaianse disolvendo como area.

Sí, pequeno hombretón, hai homes que nos alegramos de que nosas parellas traballen e cultiven amizades, hai homes que non nos responsabilizamos do pracer das mesmas senón que intentamos non entorpecer seu disfrute, hai homes que non creemos que teñamos que protexelas, hai homes que estamos aprendendo amostrar afecto, hai homes que estamos experimentando as ventaxas de chorar cando nos apetece e non soamente cando fallamos un penalti. Que somos estatuas de area e nos alegramos de desmoronarnos acercándonos e misturándonos coa salda auga e a marea. Que te esiximos que te responsabilizes e deixes de botarbalóns fóra. Que estamos a falar para ti, non para o veciño do segundo.

Escoita, cobarde machote, porque hay homes ¿un?, ¿dous?, ¿dez?, ¿cen?, ¿mil? que nin podemos nin queremos ler o xornal nin ver a tele gracias a que a nosa parella está recollendo a mesa e limpando a cociña, que non igualamos o amor a injustiza consentida, que nos damos conta de que os celos é o ingrediente fundamental do amor mísero e miserable que non nos enriquece, que non vamos a colaborar coa inxustiza contra as mulleres, contra os homosexuais, que non vamos a facer o cabaliño coa moto para demostrar ter máis collóns que ninguén cando en realidade estamos "acojonados", que estamos fartos de parecer o que non somos para ser o que non creemos.

Porque non vamos a soportar tanta desgracia, tanta miseria, tanta dor na terra que nos embraza e que nos esixe. Porque intentamos cambiar o mundo día a día, xunt@s, con esas pequenas cosiñas que como dice Eduardo Galeano, xamais van a aparecer nas portadas dos xornais, pero que nos demostran que a realidade é transformable e que é o que queremos que sexa. E porque estamos tomando cartas, e porque non vamos de farol.

Escoita, cobarde hombrecito, porque xa nos da igual que nos chamen valentes ou cobardes, porque xa estamos quitándonos a careta, porque estamos ríndonos de como puideron vendernos tanto tempo a moto, porque creemos que é posible outro mundo no que cada un e cada unha de nos, dende a diferencia pero en igualdade, desenrrolemos nosa lexítima, diversa, preciosa rareza. Porque somos homes pequenos, pequeno hombrecito, e porque soñamos.

---------

Daniel Antonio Leal González. Programa Homes pola Igualdade.



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.