A rodar... con aceite vexetal!

  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 130.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 694.

Os aceites como carburantes poden resultar un bon sustitutivo do gasoil, Cesar Lema explícanos dunha maneira sinxela e con explicacións técnicas como facelo.

Neste século acabaránse os nosos recursos enerxéticos fósiles. Co ritmo actual de consumo, quedan 41 anos de petróleo, 65 de gas e 55 de uranio. Para as nosas sociedades, o petróleo é coma unha droga dura con múltiples efectos secundarios: guerras, mareas negras, efecto invernadoiro, bronqueolitis...
Se se continúa con estas solucións enerxéticas exclusivamente fósiles e hipercentralizadas, coma o petróleo e as nucleares, nosa sociedade programa o suicidio da humanidade. Nembargantes, existen alternativas: · O noso consumo enerxético é moi superior as nosas necesidades, en detrimento dos que non teñen nada, e é preciso comezar por reducir se non queremos que isto acabe mal.
Asimesmo, é indispensable, ante esta situación, crear micro-centrais de producción enerxética local, e utilizar carburantes non fósiles.

¿Cómo comenzou isto?

RUDOLF DIESEL enxeñeiro alemán desenrola, na derradeira decea do seculo XIX, a idea dun motor movido por compresión. En 1897 constrúe un prototipo funcional, este motor diesel é bautizado co seu nome. Foi coñecido como o motor de aceite xa que funcionaba co aceite de liño. Entre 1911 e 1912 declara: "o motor diesel pode ser alimentado con aceites vexetais e axudará considerablemente ao desenrolo dos países que o utilicen. No transcurso da segunda guerra mundial, as dificultades de aprovisionamento en hidrocarburos favoreceron a utilización de aceites vexetais (exército francés en Abidjan, Alger, Dakar...). Hoxe en día, son xa máis de 6 millóns de kilómetros percorridos por diferentes automovilistas franceses con aceites vexetais, e moitos máis en Alemania, onde levan case 30 anos utilizándoos, e ninguén ata o de agora quiso abandoar.

Utilización do aceite vexetal nos motores diesel

Inxección indirecta

Sen Modificacións do Motor: ata un 30% de aceite (con bomba de inxección rotativa: Luca, Cav, Roto, Delphi, xa que son menos resistentes) ou un 50% - 100% de aceite cunha bomba de inxección en línea, tipo BOSCH, ou xaponesas tipo Diesel Kiki, Zexel, Nipón Denso. Os Mercedes serie 123 e 124 por exemplo, andan sen nengunha modificación ao 100% de aceite (aínda que pódense facer melloras). Os motores de Volkswagen (salvo TDI/SDI), todos os de Peugeot, Citroën, Renault soportan misturas de ata 70% de aceite (en vran incluso máis) sen modificacións.

Con Modificacións do Motor: ata un 100% de aceite (sen gasoil), as modificacións seguientes (figura1): 1. Novos inxectores (ou inxectores usados en bó estado). Non importa qué inxectores, por exemplo os máis recentes DN0SD297 son impecables para o arrancado en frío con temperaturas de -10°C. Tarado dos inxectores a 180-185 bares. 2. Regulación do avance de inxección da bomba Bosch. 3. Quentador eléctrico entre o filtro do carburante e a bomba de inxección. En vez disto hai conductores que utilizan quentadores un pouco máis longos (23 o 25 mm en vez de 21mm). 4. Un cambiador de temperatura, que quenta o aceite antes do filtro coa axuda da auga de refrixeración (non é absolutamente necesario, pero sí aconsellable para o aceite usado con graxa e é mellor para a combustión (o coche cheira menos a fritura). 5. Bomba de cebado que axuda a bomba de inxección a "tirar" do aceite máis viscoso que o gasoil. En vez de isto hai conductores que a sustituen por unha conducción de carburante máis grosa (10mm, no caso de empregar aceite usado 12mm) dende o depósito ata o filtro de gasoil. Os tubos de conducción poden ser de tubería de cobre como a que utilizan os fontaneiros. 6. Depósito do carburante (100% aceite vexetal).

Déronse casos de bombas de inxección Bosch que se averiaron por mor do aceite. Para evitar isto, e cando andamos con porcentaxes elevados (90 a 100% de aceite vexetal), é suficiente con non subir de voltas o motor frío, por enriba de 2500/min. Despois de algúns minutos pódense alcadar as 3000/min. Despois de 15 minutos non existe nengún problema.

Inxección directa
Sen Modificaciós do Motor: Ata un 30% de aceite verano e inverno en calqueira motor diesel e inxección directa. Algúns conductores chegan ata o 50% de aceite en verán.

Con Modificacións do Motor (figura 2): Ata un 100% de aceite cun sistema de bicarburación: Engádese un segundo depósito, de pequena capacidade que permite arrancar con gasoil. Cando o motor está quente, cámbiase ao depósito de aceite. Antes de parar o motor, vólvese a pasar ao depósito de gasoil para purgar o circuito, o que facilitará o arrancado unha vez que o motor enfriouse. É a adaptación máis doada e menos costosa. O paso de gasoil a aceite efectúase mediante unhas chaves manuais. Neste sistema se instalan 2 chaves (3 vías) no interior do habitáculo que son as que alongan o circuito de alimentación e de retorno, as veces son lonxitudes importantes se necesita ter un espacio adecuado para a instalación. Estas chaves son accionadas manualmente polo conductor, a manipulación debe resultar cómoda. 1. Inxectores 2. Bomba de inxección 3. Quentador eléctrico 4. Filtro de carburante 4'. Filtro de carburante con calentador eléctrico 5. Bomba de cebado 6. Depósito 6'. Depósito de arranque (gasoil) 7. chaves manuais de 3 vías

Existen Kits á venda, a asociación alemana Elsbett vende kits de adaptación con garantía por uns 500 euros, ELSBETT GmbH Weissenburger strasse 15 D-91177, http://www.elsbett.com.

¿Qué aceite elexir?

Aceites Vexetales Refinados: Pódense engadir directamente ao depósito.O aceite que atopamos no supermercado ten dous defectos: 1. Súa producción recurre a productos perxudiciais: sementes transxénicas, abonos e pesticidas químicos de síntese, múltiples productos químicos nas 15 operacións de refinado, botellas plásticas... 2. Seu rendemento enerxético de producción é mediocre, xa que consume moita enerxía utilizando os productos químicos citados arriba, transporte das materias primas (graos e aceite), quentamento dos graos, etc.

Aceites Vexetales Brutos: Sofren unha primeira presión en frío e logo unha decantación, despois unha filtración entre 3 e 5 micras (non sempre se filtra, mellor preguntalo ao productor). Presenta varias ventaxas: 1. Seu rendemento enerxético é óptimo, sobretodo se se cultiva de forma biolóxica. 2. Non hai problemas por conservalo durante moito tempo, canto máis oxidado (rancio) máis inflamable.

Aceites de Fritura Usados: Necesitan un proceso de "limpieza" para poder ser utilizados. A principal ventaxa radica en reutilizar un producto, reducindo súa carga contaminante. Ademáis de que sáeche gratis.

Cómo facer a mistura aceite vexetal e gasoil

1. O máis recomendable é que mistures as proporcións de aceite e gasoil nunha garrafa o axites ben e xa o podes meter no depósito do coche, con isto asegúraste de que a mistura sexa homoxénea.

2. Pódese botar o aceite directamente no depósito do coche (sabendo canto gasoil tes, calculas os litros de aceite). É mellor que antes de botar o aceite encendas o coche para que quente, unha vez quente botas o aceite sen apagar o coche. Acto seguido vas dar unha volta facendo xiros a esquerda e a dereita frenadas marcha atrás e para diante, co obxeto de facer a mistura no depósito. Se tes previsto facer unha viaxe de máis de 100Km non fai falla isto último, xa que o combustible mistúrase solo no depósito. É importante que engadas o aceite cando vaias a ir co coche. Non o botes pola noite do día anterior porque o aceite, ao ser máis pesado que o gasoil, marchará para abaixo e cando encendas vai a coller 100% de aceite en vez dunha mistura aceite + gasoil.

3. Hai conductores que, tendo algo de gasoil no depósito, bótanlle o aceite e acto seguido vanse a unha gasolineira que estea preto e rechean co gasoil necesario para chegar ao porcentaxe desexado. O chorro do surtidor fai o efecto de misturado. Cando non modificaches o motor para andar 100% de aceite vexetal, é moi importante facer ben a mistura de gasoil con aceite para non ter problemas de arrancado en frío, pérdidas de potencia, presencia de aire no circuito de alimentación, etc.

Lexislación

A directiva 2003/30/CE do Parlamento Europeo do 8 maio 2003, "aboga por promover a utilización de bio-carburantes nos transportes". A partires do 1 de Xaneiro de 2005 entrou en vigor, polo que actualmente en toda Europa é perfectamente legal andar co aceite vexetal, aínda que países coma Francia perseguen aos seus conductores, mentras que en Alemania vendenche aceite de colza nas gasolineiras e Información libre de impostos.

¿Porqué os aceites vexetais non son máis utilizados? Os intereses financieros son enormes e os diferentes lobbies petroleiros presionan os Estados e a os medios de información. Non obstante, esta información circula por todas partes e permite a grupos formarnos, responsabilizarnos e auto-organizarnos, probando que todo é posibel.

Conducindo con aceite vexetal, a experiencia do autor.

· VW Golf III Diesel 1900 cm3, 90 CV. · Motor inxección indirecta. · Sen Modificacións. · Bomba de inxección BOSCH. · 295.000 Km dos cales 10.000 Km percorridos con aceite de xirasol usado. · Inverno: 70% de aceite + 30% gasoil. · Vran: 95-100 % aceite.

· Primer cambio do filtro de gasoil aos 2000 Km. Cando se roda con porcentaxes elevados de aceite, éste funciona como deterxente arrastrando as suciedades do depósito de combustible, manguitos, bomba de inxección e inxectores, por iso se aconsella facer os 2 ou 3 primeiros cambios do filtro do gasoil un pouco antes do normal; despois do tercer cambio realízase como de costume. Esta semana Santa pasada Vigo-Madrid-Vigo ao 100%: cando fas viaxes longos podes ir ao 100% de aceite aínda que sexa inverno. Cando o motor está quente podes engadir 100% de aceite sen problemas, xa que se considera que a 70 ºC o aceite vexetal ten unha viscosidade similar a do gasoil. Uns kilómetros antes de chegar ao destino tes que voltar ao teu porcentaxe normal na época do ano para poder encendelo sen problemas.

Para obter un bo aceite usado:

1.- Recoller o aceite e deixar decantar (en repouso) entre 2-3 semanas para eliminar a auga que poidera ter o aceite (sendo moita pode estropear o sistema de inyección)

2.- Desechar a parte inferior dos bidons (todo o precipitado). A parte limpa filtrase por gravedade cun texido o maís espeso que atopes (uns vaqueros...)

3.- Voltar a filtrar por gravedade cun filtro que teña de tamano de poro entre 1 e 5 micras. Alguns usan filtros de café de nylon da marca "Melita", outros bolsas para filtrar auga de piscinas texidos filtrantes a unha micra da casa "Monopoel"

4.- Cando xa tes o acete filtrado botasllo no coche nunha porcentaxe dependente das caracteísticas mentadas antes. ¡Cuidado de misturalo moi ben!

Rendimento dos motores e polución

· O consumo é prácticamente o mesmo con aceite vexetal ou con gasoil (+/- 5%).

· A velocidade non varía. O par motor aumenta debido a unha mellor combustión do aceite.

· A vida do motor é teóricamente máis longa debido a unha mellor lubricación
(ALAIN JUSTE un "viejete" pioneiro do aceite vexetal en Francia, leva percorridos
o seu Renault 19 uns 200.000 Km con aceite de xirasol e o seu motor segue en óptimas condicións).

· Podemos voltar ao gasoil 100% sen necesidade de anular as modificacións.

· O aceite de xirasol, unha vez queimado nun motor diesel, produce 6 veces máis enerxía que a necesaria para producir ese mismo aceite (contra 2,6 veces para o Bio-diesel e 0,8 para o Gasoil). Estos cálculos son válidos a condición de que o aceite sexa producido localmente sen necesidade de longos desprazamentos.

· Todo o CO2 producido na combustión será reabsorbido ao ano seguinte polo cultivo de xirasol, é dicir o balance de CO2 é 0.

· Non hai chumbo nen benceno.

· Os compostos azufrados (SO2), responsables das chuvias acedas, divídense por 10 no caso da colza, e son prácticamente nulos no caso do xirasol.

· Hai 6 veces menos partículas non queimadas (son canceríxenas), debido ao elevado porcentaxe de oxíseno na molécula dos aceites (entre 10 e 15%).

· Reducción dos óxidos de nitróxeno (NO2), responsables do efecto invernadeiro.

· Un olor de fritura (patacas, churros, etc.) reemplaza ao cheiro do gasoil.

+ info en:

Pico Petroleiro: www.ecoportal.net/content/view/full/52289/

Texido filtrante (1 micra) referencia "VLIES-1-120"(12 el m2): www.monopoel.de

Motores ELSBETT: www.elsbett.com

Directiva europea 2003/30/CE: europa.eu.int/eur-lex/pri/fr/ lobbies petroleros presionan oj/dat/2003/l_123/l_12320030517fr00420046.pdf

Compañía TOURNE-SOL: www.tourne-sol.org

Asociación ROULE MA FLEUR: www.roulemafleur.free.fr/

Utilización de aceite de girasol como carburante. Dossier Valenergol. Mayo 2001. http://valenergol.free.fr

Foros de interés: www.roulemafleur.free.fr/mecanique.htm http://www.oliomobile.org/forum/

Equipos de prensado de semillas: www.alvanblanch.co.uk

------------------------------------
artigo escrito por: César Lema Costas. aprendiz de permacultor e doctor en bioloxía.




Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.