manifesto pola lactancia

  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 130.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 694.

Durante case medio millón de anos, as femias da nosa especie aleitaron ás súas crías. Con todo, nos últimos sesenta anos, cambiou a situación: a dictadura do biberón impuxo os leites artificiais para os bebés. As consecuencias sanitarias son notables: dúas veces máis risco de óbito por morte súbita nas primeiras seis semanas de vida, cinco veces máis risco de gastroenterite, dúas veces máis risco de desenvolver eccema e diabetes, e ata oito veces máis risco de contraer un cancro linfático-. En UK aproximase ás 20£ esterlinas por bebé o gasto por parte dos fabricantes británicos de leite artificial maternizada na sua promoción, comparado cos irrisorios 14 peniques por bebé que gasta o goberno para promover a lactancia materna, ¿pódese esperar o xiro na tendencia? Usureiros fabricantes de leite artificial, neglixentes profesionais de saúde e unha cidadanía pouco informada nestes temas, conspiran unidos para arrincar aos bebés do pezón das súas nais e, entubalos a un biberón artificial. A situación describe o caso británico, pero o problema acosa ao todo o mundo industrial e a parte dos países do Sur.

As mulleres que traballamos e defendemos a lactancia, temos un percorrido que merece recoñecemento. No ano 2002 no transcurso das clases post-parto e animadas pola matrona Maria, varias mulleres, nais por primeira vez, conscientes das súas necesidades, das súas carencias, fanse receptoras dun proxecto de apoio a lactancia, emerxente en moitas outras comunidades. Un sinxelo protocolo legal fai que o colectivo pro-lactancia materna “Deleite” comece a camiñar.

Foron moitos esforzos, contando con que Ana Rosa, Rosa, Patricia Raquel e Charo tiñan bebés lactantes, para atopar apoios e espacio para levar adiante unha labor que facéndoa por elas repercutía no benestar dunha comunidade. Nun principio, como en case que todas as iniciativas atopáronse con pouca proxección social, parecía algo que so era evidente para elas, pero a semente deu os seus froitos, e nos anos 2004 e 2005 a asociación atendeu a numerosas nais con dificultades e esperanza na lactancia natural para os seus fillos. Durante eses anos todos os venres tiveron xuntanzas nas que asistían as nais cos seus fillos no centro social de coia, informaban, animaban e o feito de estar xuntas supoñía librarse da ameaza da crianza en soidade. Estivemos presentes na rúa en datas sinaladas (semana mundial da lactancia materna, a primeiros de outubro). Fixemos escritos e presentacións en prensa, e sobre todo estivemos xuntas dándolle un pulo ó que creemos que é o mellor para os nosos fillos.

O feito de que a lactancia ocupe un espacio de tempo, fai imprescindible que se traspase o testigo da responsabilidade, foron así formadas outras nais como conselleiras, e ata o día de hoxe, as mulleres que constitúen o colectivo seguen informando e animando ás nais na súa dedicación, nuns teléfonos os que poden chamar

Durante o tempo en que o colectivo tubo a oportunidade de centralizar a súa actividade nun local, as posibilidades que proporcionaba o contacto directo animaba e motivaba a este traballo altruísta, con moitas satisfaccións polos seus beneficios, pero non por eso fácil de levar adiante, posto que require dedicación e tempo, algo tan valorado nesta sociedade de hoxe en día.

As mulleres facemos un traballo beneficioso para a comunidade, o facemos por amor, no primeiro coincidimos, supostamente coas autoridades , posto que é a súa laboura, no segundo a diferencia é que supoñemos un gasto ademais de non proporcionar beneficios materializados en contas correntes.

As institución como o concello e a xunta, mantense o marxee, seguramente se o proxecto fora deles daríanlle moita repercusión, e é posible que co tempo ocórraselles facer algo mais do que levan feito, pero pensamos que seria moito mais doado apoiar e impulsar o que xa levamos feito dende hai 5 anos.

Hoxe seguemos xuntándonos, aconsellando, durante os primeiros meses deste ano unha iniciativa similar tubo actividade nun local privado, nais que como nos necesitan.....pero sen apoio costa manterse, é esta falta de apoio é a que acompaña as nais durante todo o tempo que dura a crianza dos seus bebés, por eso pedimos: urxentemente a sensibilización das institucións, a facilitación de espacios quentes onde xuntarnos, o apoio económico para manter unha liñas de telefono onde podamos ter unha comunicación en moitos casos vital para as nais e os bebés, a posibilidade de acceder a hospitais e informar as nais das posibilidades e beneficios que teñen nelas mesmas.

Tratase de facer as cousas conxuntamente, se a sociedade esta sensibilizada desta necesidade por que, quen nos representa, non fai por entearse e impulsa e alimenta as iniciativas dos cidadáns. Existen exemplos de colectivos pro-lactancia que son apoiados polas institución, o esforzo polas dúas partes fai que se avance e os resultados sexan evidentes na saúde da sociedade. Nos temos a vontade, as institucións teñen medios, xuntos conseguiriamos mellorar un pouco mais a calidade das nosas vidas e das vidas que están por vir.




Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.