POETRY SLAM II

 Sab, 12/01/2013 - 21:00
POETRY SLAM VIGO
Descrición
¡¡¡¡Sexan benvidos ao primeiro Slam Poetry Vigo!!!!

O Slam é un torneo de “poetas” no que estes amosan os seus versos en épicos recitados baixo a atenta ollada dun xurado formado por 5 persoas seleccionado ao chou entre o público. 

A puntuación será de 0 a 10 con decimais. Desbótanse a puntuación máis alta e a máis baixa. En caso de empate decide o aplauso do público. 

O formato do torneo esta inspirado no boxeo. Faise por roldas onde cada “poeta” ten tres minutos para ler o seu poema. Os “poetas” non se enfrontan directamente nin se responden o un ao outro. 
Recitan as súas poesías e os tres que reciben as mellores notas do público, pasan á segunda rolda. 

O Slam é un tipo de recital que envolve ao público e abre o micrófono a calquera persoa que escriba poesía, isto fai que este formato sexa máis dinámico e entretido que os recitais tradicionais.

Preparados para subir ao escenario? 

Queredes unirvos ó novo movemento? 

Como? 

Sacade os vosos escritos do caixón e comezade xa!! 

3,2,1 … SLAM!!!!

Regras:

- O límite de participantes é de 8.

-podes recitar calquera texto en calquera idioma, sempre que sexa teu e non dure máis de 3 minutos. 

A táboa de penalización por tempo é a seguinte:

3:00 – 3:10 0 puntos
3:10 - 3:20 1 punto
3:20 - 3:30 2 puntos
3:30 – 3:40 3 puntos
3:40 en adiante. Eliminado 

- A temática é libre.

-non podes usar música, disfraces, ou accesorios. Só son válidos os límites de cada corpo. 

-é tan importante o texto como o bo recitado. De feito, o único importante é conquistar ao público.

-non é imprescindible saber o texto de memoria.

-por votación do xurado decídense 3 finalistas que volven recitar un texto diferente aos anteriores.

-destes 3 finalistas, sempre por votación do xurado, sae o gañador. 

-o gañador, pode, se quere, volver recitar tras resultar vencedor.

Calquera persoa está invitada a participar, ou acudir como público. 

É agora ou nunca!

Interesados poderán apuntarse enviando un correo ao seguinte enderezo:

poetryslamvigo@gmail.com

preparade as vosas vídeohistorias-vídeopoemas-vídeorelatos. Deben ter unha duración máxima de 4 minutos.




Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.