ANDAINA DE CABRAL " OS VECIÑOS POLA DEFENSA DO SEU MONTE"

 Dom, 19/05/2013 - 11:01
Difunde!
DOMINGO, 19 MAIO, 11 HORAS, ANDAINA POLOS MONTES DE CABRAL
Como non resultan suficientes os centros comerciais que hai na nosa cidade e arredores, o Concello de Vigo apoiado por capital estranxeiro planea levar a cabo un macro centro lúdico comercial e residencial nos montes de Cabral. Este levaría por diante toda unha grande área de importante valor ecolóxico e cultural, valor dado tanto polos seus vestixios arqueolóxicos coma pola súa vitalidade acuífera. Xa que logo, queren arrasar co monte alegando postos de traballo e maior riqueza e beneficio para á veciñanza en particular e a cidade en xeral.
Pois non! Non é certo! Imposible de crer!
A riqueza é termos un ecosistema vivo que sirva para alimentármonos. O beneficio debe vir do pequeno comercio, da empresa familiar que permita que todas as persoas teñan aceso a un prato de comida. E, finalmente, a parte lúdica non pode estar nun centro comercial. Cómpre que cativos e cativas aprendan a construír os seus propios xogos e xoguetes, as súas inquedanzas. Se non logramos que lean, soñen e constrúan de por si estaremos condeando á inopia ás vindeiras xeracións. Xa que estes, hoxe, só son pequenos autómatas que xamais darán en facer un carro de bólas!
Por iso, este domingo 19 de maio botámonos ao monte para revalorizalo e coñecelo!
Vén, acode e difunde!
UNHA TERRA VIVA É UNHA VIDA DIGNA!



Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.