BoleZine

  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 130.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 694.

O BoleZine xurde como unha necesidade dentro da Asociación Cultural Caleidoskopio co fin de crear un novo espazo, unha casiña de papel, aberta e plural, onde tenhan cabida a maior cantidade posibel de iniciativas, proxectos, colectivos e persoas, para espallar a crítica e a transformación dende abaixo... e a esquerda.

Gustaríanos que o BoleZine servira para estreitar lazos entre proxectos; que dera unha visión ampla de todas as pequenas cousas que xiran enredor os centros sociais, os colectivos que os enchen de vida, as campañas que levamos adiante, as realidades que acontecen ao noso redor, as alternativas, os proxectos, as loitas, as resistencias...

Pretendemos que chege a ser outro canle comunicativo alternativo, entre as persoas que dan corpo e vida as movimentos sociais, afins, curiosas e despistadas.

Pouco a pouco imos perfilando, espallando e abrindo o proxecto a colaboracións, colectivas e de individualidades... vos necesitamos! Enviadenos artigos, crónicas, convocatorias, debuxos, propostas de seccións, críticas (preferentemente todo nun formato dixital)... e tamen podedes axudarnos na súa distribución... ou económicamente.

A nosa intención... amosar que esta cidade segue estando viva, que existen alternativas reais, de ocio, comunicativas, de consumo; que non todas nos conformamos con ser meras consumidoras e traballadoras, espectadoras pasivas dos acontencemetos. Amosar que que non todo é conformismo, que moitas persoas deciden loitar, esforzarse e apasionarse por criar un mundo máis xusto, respetuoso cas persoas, os animais e o medio; que este empeño segue sendo necesario, que aspiramos a cambiar a nosa realidade máis cotiá.

Queremos aprender, sentir, rir, chorar, comunicar, tranformar, construir; que outro mundo non é que sexa posibel, senón necesario. Pero que temos que construilo por todas nos, sen exclusions, dende a base, para poder ser as donas das nosas vidas e destinos...

Podes atopar o BoleZine en:
- Centro Social Autoxestionado "A Cova dos Ratos", Romil 3
- Cooperativa de Consumidores "Arbore", Arquitecto Pérez Bellas 5
- Local Social "A Revolta", Rúa Real 32

Se queredes distribuilo, colaborar economicamente ou enviar colaboracións contactade en: caleidoskopio@sindominio.net ou a BoleZine, CSA A Cova dos Ratos, Romil 3 baixo, 36202 vigo.




Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.