novas do G.A.S.
O Grupo de Axitación Social é un colectivo de resistencia ao capitalismo, que centra a súa actividade no eido local, a reinvindicación de dereitos sociais, o reparto da riqueza, e rexeitamento do militarismo e do "desarrollismo".
** Asambleas abertas tódolos luns das 20:30h. as 22:00h (Aproximadamente) no CSA "A Cova Dos Ratos" (Rua Romil,3 Baixo)
Actualizado: 49 mins 1 segundo atrás
Videos das xornadas "As loitas contra o TAV no mundo"
Os videos corresponden a un debate celebrado dentro das xornadas "As loitas contra o TAV no mundo" organizadas o pasado Marzo pola asemblea contra o TAV de Bilbo e onde participaron persoas da Valle di Sousa, de Italia, de Barcelona e de Galiza.
ahthitzaldia
Cargado por durangokoelkarlana
Hitzaldia2
Cargado por durangokoelkarlana
HITZALDIA3
Cargado por durangokoelkarlana
ahthitzaldia
Cargado por durangokoelkarlana
Hitzaldia2
Cargado por durangokoelkarlana
HITZALDIA3
Cargado por durangokoelkarlana
Nota de prensa da Ria Non Se Vende contra o Plan "Vigo Integra"
Representantes dos colectivos abaixo asinantes, entregamos hoxe nas oficinas da Xunta en Vigo as últimas das miles de alegacións presentadas ante o chamado Plan Viario Integral, Vigo Íntegra.
Queriamos destacar con esta acción a unanimidade de tan diversas asociacións de toda a contorna da Ría de Vigo, ante un Plan que constitúe unha ameaza de destrución para a maioría das nosas parroquias e concellos.
Promove a construción de 243,8 quilómetros de autovías e 82.4 quilómetros de estradas de circunvalación, variantes e carreteiras de conexión con vías de alta capacidade.
Baseado nun modelo obsoleto de mobilidade, este plan esquece totalmente o transporte público, estimulando aínda máis a utilización do vehículo privado e o movemento de mercadorías por estrada, xerando máis contaminación (acústica e atmosférica, favorecendo o cambio climático) e aumentando aínda máis a nosa xa grande dependencia do petróleo.
A Xunta, que cuantifica en 2.000 millóns de euros o seu custe total (333.000 millóns de pesetas), segue vivindo de costas á irreversible crise enerxética global e está hipotecando ademais o futuro de Galicia.
Canto máis se atrase o cambio do modelo de mobilidade, máis diñeiro teremos malgastado nun sistema de transporte inadecuado, dilapidando gran parte da capacidade financeira indispensable para realizar as transformacións necesarias. Hoxe máis que nunca, os desproporcionados investimentos en autovías e autoestradas son un desperdicio imperdoábel.
Estas actuacións provocarían ademais un enorme e irreversible impacto no patrimonio histórico e natural, tanto dentro da propia cidade como nos demais concellos afectados: Erosión do solo, fragmentación do territorio, efecto barreira que racha e divide vilas e parroquias, fenda xeolóxica, recheo de vales e leitos fluviais, perda de masa forestal e de biodiversidade, ocupación de solo rústico, afectación do patrimonio cultural e arqueolóxico, expropiación de leiras e vivendas, etc.
Na asemblea de representantes dos colectivos asinantes, celebrada o pasado 1 de setembro, acordouse centrar os esforzos na redacción de alegacións ata o día de hoxe (mañá remata o prazo de presentación das mesmas) para, a partir de agora, iniciar unha serie de mobilizacións conxuntas encamiñadas á conseguir a retirada e arquivo definitivo do Plan Vigo Íntegra. Das datas e lugares desas mobilizacións, así como de calquera outra actividade, informaremos oportunamente.
Agradecid@s pola vosa atención, recibide un cordial saúdo.
A Ría Non se Vende,
Asociación Cultural Berra Val Miñor,
Asociación Cultural Caleidoskopio,
Asociación de Veciños Dunas (Nigrán)
Afectados Ronda Vigo – Lavadores,
Agrupaçom de Montanha "Augas Limpas",
Alternativa Veciñal,
Bouzas Móvete,
Centro Social A Revolta,
Clube Espeleolóxico Maúxo,
Colectivo Nacionalista de Marín,
Colectivo Xogo Descuberto,
Comisión Veciñal contra a Macrodepuradora do Lagares,
Foro Social de Cangas,
Grupo Axitación Social (GAS Vigo),
Luita Verde,
OAR Redondela,
Plataforma Cidadá de Redondela,
Plataforma Plan de Seguridade Viaria PO-325,
Plataforma pola Defensa de Mos,
Plataforma Priegue Unido,
Plataforma Vive Gondomar,
Salvemos Monteferro,
Sárdoma en Loita e
Verdegaia
Queriamos destacar con esta acción a unanimidade de tan diversas asociacións de toda a contorna da Ría de Vigo, ante un Plan que constitúe unha ameaza de destrución para a maioría das nosas parroquias e concellos.
Promove a construción de 243,8 quilómetros de autovías e 82.4 quilómetros de estradas de circunvalación, variantes e carreteiras de conexión con vías de alta capacidade.
Baseado nun modelo obsoleto de mobilidade, este plan esquece totalmente o transporte público, estimulando aínda máis a utilización do vehículo privado e o movemento de mercadorías por estrada, xerando máis contaminación (acústica e atmosférica, favorecendo o cambio climático) e aumentando aínda máis a nosa xa grande dependencia do petróleo.
A Xunta, que cuantifica en 2.000 millóns de euros o seu custe total (333.000 millóns de pesetas), segue vivindo de costas á irreversible crise enerxética global e está hipotecando ademais o futuro de Galicia.
Canto máis se atrase o cambio do modelo de mobilidade, máis diñeiro teremos malgastado nun sistema de transporte inadecuado, dilapidando gran parte da capacidade financeira indispensable para realizar as transformacións necesarias. Hoxe máis que nunca, os desproporcionados investimentos en autovías e autoestradas son un desperdicio imperdoábel.
Estas actuacións provocarían ademais un enorme e irreversible impacto no patrimonio histórico e natural, tanto dentro da propia cidade como nos demais concellos afectados: Erosión do solo, fragmentación do territorio, efecto barreira que racha e divide vilas e parroquias, fenda xeolóxica, recheo de vales e leitos fluviais, perda de masa forestal e de biodiversidade, ocupación de solo rústico, afectación do patrimonio cultural e arqueolóxico, expropiación de leiras e vivendas, etc.
Na asemblea de representantes dos colectivos asinantes, celebrada o pasado 1 de setembro, acordouse centrar os esforzos na redacción de alegacións ata o día de hoxe (mañá remata o prazo de presentación das mesmas) para, a partir de agora, iniciar unha serie de mobilizacións conxuntas encamiñadas á conseguir a retirada e arquivo definitivo do Plan Vigo Íntegra. Das datas e lugares desas mobilizacións, así como de calquera outra actividade, informaremos oportunamente.
Agradecid@s pola vosa atención, recibide un cordial saúdo.
A Ría Non se Vende,
Asociación Cultural Berra Val Miñor,
Asociación Cultural Caleidoskopio,
Asociación de Veciños Dunas (Nigrán)
Afectados Ronda Vigo – Lavadores,
Agrupaçom de Montanha "Augas Limpas",
Alternativa Veciñal,
Bouzas Móvete,
Centro Social A Revolta,
Clube Espeleolóxico Maúxo,
Colectivo Nacionalista de Marín,
Colectivo Xogo Descuberto,
Comisión Veciñal contra a Macrodepuradora do Lagares,
Foro Social de Cangas,
Grupo Axitación Social (GAS Vigo),
Luita Verde,
OAR Redondela,
Plataforma Cidadá de Redondela,
Plataforma Plan de Seguridade Viaria PO-325,
Plataforma pola Defensa de Mos,
Plataforma Priegue Unido,
Plataforma Vive Gondomar,
Salvemos Monteferro,
Sárdoma en Loita e
Verdegaia
Reconquista de Toralla 08 : II Abordaxe contra a especulación
"Piratas! Este ano volvemos á carga. O sábado 13 de setembro ás 18:00 horas precisamos unir forzas de novo para reivindicar unha Illa de Toralla aberta para todas e todos, e na que cesen por fin as aberracións arquitectónicas que destrúen por completo o seu patrimonio tanto natural coma cultural. De novo, a nosa protesta consistirá nunha marcha pirata a través da ponte e máis da auga (traede a vosa embarcación!), que rematará nunha concentración pacífica diante da barreira. A abordaxe comeza de novo."
Mais Info: http://www.xogo-descuberto.blogspot.com/
Video da I Reconquista (2007): http://blip.tv/file/371456
Crónica e fotos da I Reconquista: http://galiza.indymedia.org/pt/2007/09/12260.shtml
Máis fotos da I Reconquista: http://galiza.indymedia.org/gz/2007/09/12249.shtml
Crónica do acto:
Por segundo ano consecutivo, unhas 500 persoas acudiron á convicatoria do colectivo vigués Xogo Descuberto para a reclamación do uso público da illa de Toralla.
Por terra e por mar as piratas “asaltaron” a illa para reivindicar que Toralla é de todxs. Desta vez, o significativo aumento de bucaneirxs nesta “abordaxe” contra a especulación viu acompañado dunha numerosa presenza de forzas represoras. As piratas que decidiron concentrarse diante da barreira que impide o acceso á illa tiveron que aturar as presións e hostilidades policiais.
Ao final do video poderedes ver tamén imaxes da concentración convocada pola rede A Ría non se Vende, para protestar pola celebración do campionato do mundo de barcos monocasco (Powerboat) en augas da ría de Vigo.
Podedes ver o vídeo aquí: http://gzvideos.info/ii-reconquista-de-toralla-08/
En Vieiros:http://www.vieiros.com/nova/68974/persecucion-e-carga-policial-na-reconquista-da-toralla
Texto Ceivar: http://galiza.indymedia.org/gz/2008/09/16957.shtml
Na Voz de Galicia:http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/09/14/0003_7139720.htm
Manifesto pola liberdade de Amadeu Casellas
Organizacions pro amnistía, de dereitos humanos, sindicatos e outros colectivos presentan o manifesto pola liberdade do preso anarquista Amadeu Casellas en folga de fame dende o 23 de Xuño.
O catalán Amadeu Casellas Ramón, que se define como anarquista, portador de VIH dende 2001,encarcerado no Centro Penal de Quatre Camins (Granollers), preso dende 1986 e sen delitos de sangue, vén desenvolvendo dende o día 23 de xuño de 2008 unha folga de fame indefinida para demandar a súa excarceración. Durante este tempo Amadeu Casellas perdeu ao redor de 30 kgrs de peso, foi ingresado nun centro hospitalario e reiterou a súa intención de continuar coa folga de fame. Recentemente Amadeu deixou de tomar glicosa o que sen dúbida vai acelerar o seu debilitamiento.
Amadeu Casellas cumpre dous dos tres requisitos contemplados no Código Penal vixente para a
concesión da liberdade condicional, (CP 1995, reformado polo 7/2003 de 30 de xuño):
-ter cumpridas as 3/4 partes da condena.
-mostrar unha conduta favorable.
Ademais o sr. Casellas dispón dun amplo círculo de familiares e amig@s dispostos a axudarlle no
seu reintegración social, así como dunha oferta laboral firme.
O único requisito legal que non cumpre Amadeu Casellas é o estar clasificado no terceiro grao
penal; algo que, como os permisos, vénlle sendo denegado dende a prisión, o Xulgado de Vixilancia Penal e a Audiencia Provincial de Barcelona, argumentando o seu historial de quebrantamentos de condena (fugas)-. De acceder ao terceiro grao podería axilizarse a súa posta en liberdade ou na súa falta a aplicación de medidas de prisión atenuada (como en casos recentes de pres@s enferm@s ou convalecentes de longas folgas de fame e próxims á súa excarceración).
Ademais o Xulgado do Penal Nº2 de Manresa denegoulle a refundición das súas condenas,
argumentando que en 1988 xa se lle fixo unha refundición.
Por todo o anteriormente exposto e o grave perigo que corre a vida do sr. Amadeu Casellas,
demandamos o inicio dos trámites necesarios para a concesión da liberdade condicional - ou na súa falta a aplicación de medidas de prisión atenuada - ao sr. Amadeu Casellas Ramón.
A.............. 1 de setembro de 2008
Para adherirse ao manifesto enviar nota ao e-mail: manifiestoamadeu@hotmail.com* O manifiesto non é para adhesions individuais.
Firman o manifesto (ata o momento) as seguintes organizacions:
Gizabanakoen eta Gizarte Eskubideen Aldeko Elkartea-Asociación para la defensa de los derechos sociales e individualesEuskal Herriko Amnistiaren Aldeko Mugimendua-Movimiento Pro-Amnistía de Euskal HerríaSalhaketa –BizkaiaSalhaketa de ArabaAskapena-Herriekiko Euskal Elkartasuna-Solidaridad Vasca con los PueblosCNA(Cruz Negra Anarquista)-Federación Ibérica-Sección InternacionalCNT-AIT Secretariado Permanente del Comité NacionalCNT-AIT ManresaCNT-AIT MálagaCNT-AIT TarragonaCNT-AIT Iruña-PamplonaCNT-AIT de Vitoria-GasteizCNT-AIT GuadalajaraCNT-AIT Segovia Sindicato-OOVVCNT-AIT Sección Sindical de Coressa(Viaria)CNT-AIT Villaverde Alto (Madrid)CNT-AIT Sindicato de Oficios Varios (Madrid)CNT-AIT ToledoPeriódicoCNT-Órgano de la Confederación Nacional del TrabajoFAL-Fundación de Estudios Libertarios Anselmo LorenzoCNT-Joaquin Costa (Barcelona)CNT-Comite Regional de Catalunya(Joaquim Costa)CGT-Secretariado Permanente del Comité ConfederalCGT-Federación Local de Terrassa (Catalunya)CGT-Federació Comarcal del Baix Llobregat (Catalunya)CGT-Federación Local de AlicanteCGT-Federación Local de ValladolidCGT-Sindicato Único de la Región de MurciaCGT-Sección sindical de Correos (Nafarroa)CGT-Sindicato de Administraciones Públicas (Málaga)CGT-Cádiz (Andalucía)CGT-País ValencianoCGT-Sección Sindical en el Ayuntamiento de Collado Villalba (Madrid)CGT-CIEMATCGT-Sindicato de Trabajadores de Administración Pública de Zaragoza (Aragón/La Rioja)Solidaridad Obrera-Sindicato AnarquistaTrabajadores Unidos-Sindicato de clase y asamblearioIZCA-Coordinadora Nacional de Izquierda CastellanaLa Haine-Colectivo EditorialAlasbarricadas.org-Colectivo EditorialKaosenlared-Colectivo EditorialLoquesomos-Colectivo EditorialEutsi.org-Colectivo EditorialFederació d'estudiants Llibertàries-Secciones de Catalunya,Euskal Herría y MadridWSM-Workers Solidarity Movement(Irlanda)Individualidades Anarquistas de Bologna (Italia)Movimiento juvenil Tierra Fértil (Ecuador)Jóvenes fetralpi (Ecuador)Brigada Nacional Simón Bolivar (Ecuador)Coordinadora Continental Bolivariana Capítulo Ecuador (Ecuador)Colectivo Noticias de la Rebelión (México)colectivo ainfosuruguay (Uruguay)Grup de Solidaritat amb Amadeu Casellas d´OsonaKoordinadora d´Osona kontra la tortura i l´explotació laboral“Kóktel Kontrainformatiu” programa de Radio Ona (Osona)Zapateneo kultur elkarteaAutodefentsa taldeaGaztetxe Lakaxita de Irun (Gipuzkoa)Gaztetxe Itzubaltzeta-Erromo (Bizkaia)CSO Valldaura (Manresa)Grupo de Acción Social (Andalucía)Ateneo Libertario Los Jubiles (Córdoba)Ateno Libertario de Hervás (Cáceres)Ateneo libertario al Margen (Valencia)Ateneu Llibertari de Sants (Barcelona)Ateneu Maig 37 (Barcelona)Ateneu Anarquista Columna Terra i Llibertat (Berga)Ateneu Llibertari Estel Negre (Palma de Mallorca)Ateneu Llibertari l'Escletxa (alacant)Habeas Corpus (grupo musical-Madrid)Parabellum (grupo musical - Barakaldo)Macarrada (grupo musical-Bilbo)Milicia 34 (grupo musical-Madrid)Diskoiraa (grupo musical-Zarautz)Opa Hostil (grupo musical-Córdoba)Zaratazarautz-Programa de punk en la radio libre Arraio (Zarautz)Cercle Obert de Benicalap (Valencia)Collectiu a Les Trinxeres (Balaguer)colectivo libertario "Ez Jaun Ez Jabe"-Uribe Kosta (Bizkaia)Colectivo CSJ MajadahondaColectivo antirepresivo y solidaria de Cantabria "Alarma Solidaria"Collectiu Dissident (Cataluña)Colectivo La Cizalla ÁcrataColectivo de Lesbianas Feministas Josefa CamejoColectivo La Oveja Negra de Mijas (Málaga)Collectiu A Las Trinxeres (Lleida)Colectivo de Acción Social Somosguerrilla (Asturies)Colectivo contrainformativo Latido de LibertadColectivo contrainformativo Zirikatzen-Deusto (Bizkaia)Collectiu Negres Tempestes-CSA Can Vies (Sants-Barcelona)CJC-Colectivos de Jovenes Comunistas (Ciudad Real)Juventudes Comunistas-Colectivo Enrique del Amo-(Badajoz)Comité de Solidaridad con América Latina de XixónCSO L'Eskondite-Molins sin rei (Baix Llobregat)PSV-Antinazis (Valladolid)Kolectivo Anarkopunk Utopia (Toledo)Distribuidora Ideas de Rebelión (Zamora)Distribuidora Entes Autónomos por la AcraciaDistribuidora Libertaria Propaganda de Guerra (Madrid)Distribuidora Anarquista-Veganismo es RespetoDistribuidora Libertaria Kamilosetas Muskaria-(Agramunt)Distribuidora Anarquista El Grillo Libertario (Cornellá)Distribuidora Anarquista Conocer para Destruir (Madrid)Distribuidora Anarquista d.i.y. Liberación o Muerte (Gipuzkoa)Eguzki Banaketak-Iruña (Euskal Herría)Editora "Codo A Codo"Casapueblos-Campaña de apoyo a las juicios contra los militares genocidasCAES-Colectivo Ambroz de Ecología Social (Hervás-Cáceres)Asociacion Communia-desarrollo humano y sostenibilidad(Hervás-Cáceres)Asamblea Contra Bolonia-ACB- (Badajoz)Sare Antifaxista-Euskal Herriko Antifaxista Taldea (Euskal Herría)Pepitas de Calabaza-EdicionesCSOA La Traba (Madrid)CSOA La Gotera (Leganés-Madrid)Grupo pro revisión del proceso Granado-DelgadoAvería-Colectivo Editorial (Madrid)Grupo de Axitación Social (Vigo)Bajo Cero-Ediciones (Madrid)Centre d'Estudis Josep Ester Borràs (Berga)Emisora Libre Autogestionada Radio Ela (Madrid)Grupo Rebelde 1992-subgrupo político del colectivo BukanerosEscuela Popular de Prosperidad (Madrid)Centro social A Formiga (Redondela)Sodepaz Balamil ( Valladolid)Biblioteca Social La Hoguera (Santa Coloma de Gramenet)Sección Sindical de CCOO-Atos Origin (Barcelona )Iluna Antzerki eta Animazio Taldea-Grupo de Teatro y Animación Iluna (Santurtzi)l'Associació de Terrassa per la Tercera Republica (Catalunya)Associació Cultural la Fornal (Vilafranca)Ermua Libertario-espacio local para la información y el análisis (Ermua)
Últimas novas:
Amadeu Casellas Ramon abandona 76 días en folga de fame tras acadar o compromiso dun 3º grado
http://www.lahaine.org/index.php?p=32669
Reconquista de Toralla '08
"Piratas! Este ano volvemos á carga. O sábado 13 de setembro ás 18:00 horas precisamos unir forzas de novo para reivindicar unha Illa de Toralla aberta para todas e todos, e na que cesen por fin as aberracións arquitectónicas que destrúen por completo o seu patrimonio tanto natural coma cultural. De novo, a nosa protesta consistirá nunha marcha pirata a través da ponte e máis da auga (traede a vosa embarcación!), que rematará nunha concentración pacífica diante da barreira. A abordaxe comeza de novo."
Máis Info: http://www.xogo-descuberto.blogspot.com
O Estado español ratifica o Tratado de Lisboa
No medio do verán, de novo sen consultar á poboación e nun pleno extraordinario o Senado ratificou o (xa aprobado no Parlamento) Tratado de Lisboa, unha modicación mínima do rexeitado Tratado Constitucional europeo.
Xa son 23 os países europeos que ratificán o Tratado de Lisboa a través dos seus parlamentos, e a UE estudia facer un novo referendum en Irlanda, aproveitando as eleccións europeas, para cambiar o sentido do anterior no que gañou o "non" ao Tratado.
O "regalo" do Tratado de Lisboa
O desafío actual da Unión Europea é converterse nunha superpotencia mundial. Para iso necesitamos aumentar o territorio baixo o noso control (de aí a ampliación a países do Este e a sinatura de acordos de libre comercio) e convertérmonos nun poder político e militar de primeira orde.
O grande obxectivo da UE é o crecemento económico (art.3), e o motor que a dirixe é o principio de competencia (protocolo nº 6), a fin de eliminar os “obstáculos” ao libre comercio mundial (art.10A e 188B), garantir a libre circulación de capitais (art.56 e 57-3) e lograr a estabilidade de prezos (art.3), que será o único obxectivo do Banco Central Europeo (art.108).
Os Servizos Públicos (como a atención sanitaria, a educación, o abastecemento de auga potábel, o transporte colectivo, o correo, ou as atencións sociais ás persoas maiores) quedan suxeitos ás normas da competencia (art.86 e 87), polo que iranse convertendo en negocios mercantís xestionados por multinacionais.
A Carta de Dereitos Fundamentais non recoñece o dereito ao traballo nin ao emprego, senón só o xenérico “dereito a traballar”, e substitúe o dereito á seguridade social e aos servizos sociais polo “dereito de acceso ás prestacións de seguridade social e aos servizos sociais”.
Os estados máis ricos (Alemaña, Francia e Reino Unido) terán máis peso mediante o novo sistema de toma de decisións, avanzando así cara a unha UE a “varias velocidades”, onde os países menos poderosos terán cada vez menor capacidade de decisión.
A construción da UE implica un distanciamento cada vez maior entre os lugares de produción e os de consumo, que son conectados a través das grandes infraestruturas de transporte e de conexión enerxética. Isto implica miles de km2 de asfalto e formigón, o incremento das emisións de CO2 á atmosfera (causantes do cambio climático) e a segmentación do territorio, o cal ameaza aínda máis a biodiversidade.
O Tratado de Lisboa aumenta as desigualdades, xa que, se ben o control da inflación e do déficit son obxectivos da UE, non o son a erradicación do paro e da precariedade. A Unión non recolle o dereito a un ingreso básico universal ou o de poder residir nunha vivenda digna. Ademais, ás persoas inmigrantes non se lles recoñecen dereitos tan básicos como os referidos ao lugar de residencia ou ao voto.
Redúcense os ámbitos nos que existe dereito de veto polos estados favorecendo así que as decisións sexan tomadas pola UE.
Afírmase a libre circulación da cidadanía europea (art.18) dentro do marco de peche de fronteiras á inmigración exterior.
O Tratado recorta as liberdades. En Bruxelas hai 15.000 lobbystas dedicados a presionar para que as lexislacións que emanan da UE sirvan aos intereses dos grandes capitais. A participación popular está limitada para permitir que as decisións se tomen de forma máis áxil. Ademais, coa escusa da loita contra o terrorismo tivemos que restrinxir as liberdades individuais da poboación para garantir "seguridade”.
Por todo isto aínda que o ratifiquen vinte veces máis de costas á xente, temos que seguir denunciando e rexeitando este Tratado antidemocrático, militarista e insostible.
Crónica e fotos da acción en Vigo (Xaneiro de 2008) contra o Tratado de Lisboa: http://galiza.indymedia.org/pt/2008/01/13997.shtml
Proxeccións en Vigo: "Días de Furia, Experiencias Radicais do 68 nos USA"
Ciclo na Cova dos Ratos r/Romil,3:
"DÍAS DE FURIA, EXPERIENCIAS RADICAIS DO 68 NOS USA”
Luns 30 de xuño ás 20:30h
"PANTEIRAS NEGRAS: TODO O PODER PARA O POBO”
Documental
1996 - USA - 116 Min.
Dirección: Lee Lew-Lee
En 1968, O movemento dos Panteiras Negras son o inimigo público número un do gobierno americano. Defenden a acción armada para conseguir a igualdade dos negros, desafían ao establecido e radicalizan a esquerda americana. O propio autor deste documental un ex-panteira negra retrata a historia deste mítico movemento, as súas actuacións e a terríbel represión que sufriron os seus militantes.
Xoves 3 de xullo ás 21h.
“THE WEATHER UNDERGROUND”
Documental
2002- USA - 92 Min.
Dirección: Sam Green e Bill Siegel
Documental sobre a loita armada revolucionaria nos Estados Unidos dos anos 60.
Weather Underground foi unha organización de persoas brancas e de clase media que cansadas da situación da época(guerra do Vietnam, falta de dereitos civís...) decidiron abandoar a loita estudiantil pacífica e tomar as armas para derrocar ao goberno. Co seu lema "Traer a Guerra a Casa" e os seus violentos e enfurecidos "Days of rage" (días de raiba) sacudiron en maior ou menor medida moitos pilares da sociedade da época e estableceron, xunto a outros grupos coetáneos como os Black Panthers, un antes e un despois na historia da desobediencia civil norteamericana.
Xoves 10 de xullo ás 21h.
“STEAL THIS MOVIE!” (rouba esta película)
Película Biográfica
2000- USA - 108 Min.
Dirección: Robert Greenwald
Actores: Vincent D'Onofrio,Janeane Garofalo
Película que narra a vida politica-social de Abbie Hoffman, activista, radical e un dos fundadores dos Yippies, e o seu paso pola clandestinidade convertíndose nunha das persoas máis buscadas polo goberno dos USA.
Organizan: Asociación Caleidoskopio e Grupo de Axitación Social
Palestra en Vigo no Día Internacional contra a Tortura
O mércores 25 de xuño ás 20:30h na Cova dos Ratos (r/Romil,3).
Palestras informativas sobre o informe da Coordenadora de Prevencion da Tortura do ano 2007, con novos casos de denuncias por tortura, mortes baixo custodia policial e criminalizacion dos movementos antirrepresivos...
A cargo de Joseba Agudo, avogado membro de Salhaketa e que actualmente participa na defensa legal ante a montaxe xudicial contra Askatasuna/Gestoras e Fran del Buey de PreSOS Galiza.
Estarán tamén en Compostela, na Casa Encantada, o 24 e en Ourense, no Café Trampitán, o 26.
Acto de peche de campaña contra o gasto militar e pola obxeción fiscal
Venres 13 de Xuño a partir das 20 Horas
No CSA "A Cova dos Ratos", r/Romil 3 baixo
Actividades:
- Sketchs teatrais a cargo de Semsumis(t)as
- Videos de accións antimilitaristas: Anti NATO (OTAN) 2008
- Música e Petiscos.
Estaremos a vosa disposición para solventar todas as dúbidas de como encher a declaración da renda para poder facer obxeción fiscal ao gasto militar
http://www.nonaogastomilitar.org/
