• warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 130.
  • warning: Creating default object from empty value in /var/aegir/platforms/drcova/sites/all/modules/mailhandler/mailhandler.module on line 694.

CURSO DE RESPOTEIRÍA E COCIÑA VEGANA

 Dom, 20/01/2013 - 11:00
 16:00

Libretita e lapíz na mán!!!



O Domingo 20 de Xaneiro explicaremos como facer "Seitán" e distintas formas de facer a "Tortilla de Patatas " sen ovo, así como tamén aprenderemos como facer unhas magnificas "Magdalenas de Algarroba ( ou Cacao ) cunha crema de limón!!!



Aprenderemos e xantaremos todos xuntos!!!



Aportación voluntaria.



A COVA DOS RATOS (rúa Romil nº 3) ...... as 11:00 h

CONCERTO

 Ven, 18/01/2013 - 21:30
Concerto a cargo de Jristos Kanelos e David Ruiz

OBRADOIRO DE CESTEIRÍA segunda quenda

 Xov, 17/01/2013 - 19:00
 21:00
OBRADOIRO DE INICIACIÓN: 
- Nocións básicas.
- Materiais, especialmente os tradicionais.
- Tipos e usos.
O obradoiro terá lugar os xoves de Xaneiro 10, 17, 24, 31
19:00-21:00 
Faremos un percorrido polos tipos básicos de trenzazo e especialmente polos distintos materiais que o noso entorno privilexiado nos agasalla.
O obradoiro é gratuito, aportando os materiais o centro, non precisa de inscripción e o final de cada sesión poderán aportar os participantes o que consideren e poidan para o bote do material de traballo.
Aspira a ser unha actividade estable, que se vaia desenvolvendo a medida que o fan tamén os seus participantes. ANIMÁDEVOS :)

PROXECCIÓN CINEMA!

 Mer, 16/01/2013 - 11:51

Proxección do documental "LUCIO (anarquista, falsificador, atracador...pero sobre todo albanel)" 

POETRY SLAM II

 Sab, 12/01/2013 - 21:00
POETRY SLAM VIGO
Descrición
¡¡¡¡Sexan benvidos ao primeiro Slam Poetry Vigo!!!!

O Slam é un torneo de “poetas” no que estes amosan os seus versos en épicos recitados baixo a atenta ollada dun xurado formado por 5 persoas seleccionado ao chou entre o público. 

A puntuación será de 0 a 10 con decimais. Desbótanse a puntuación máis alta e a máis baixa. En caso de empate decide o aplauso do público. 

O formato do torneo esta inspirado no boxeo. Faise por roldas onde cada “poeta” ten tres minutos para ler o seu poema. Os “poetas” non se enfrontan directamente nin se responden o un ao outro. 
Recitan as súas poesías e os tres que reciben as mellores notas do público, pasan á segunda rolda. 

O Slam é un tipo de recital que envolve ao público e abre o micrófono a calquera persoa que escriba poesía, isto fai que este formato sexa máis dinámico e entretido que os recitais tradicionais.

Preparados para subir ao escenario? 

Queredes unirvos ó novo movemento? 

Como? 

Sacade os vosos escritos do caixón e comezade xa!! 

3,2,1 … SLAM!!!!

Regras:

- O límite de participantes é de 8.

-podes recitar calquera texto en calquera idioma, sempre que sexa teu e non dure máis de 3 minutos. 

A táboa de penalización por tempo é a seguinte:

3:00 – 3:10 0 puntos
3:10 - 3:20 1 punto
3:20 - 3:30 2 puntos
3:30 – 3:40 3 puntos
3:40 en adiante. Eliminado 

- A temática é libre.

-non podes usar música, disfraces, ou accesorios. Só son válidos os límites de cada corpo. 

-é tan importante o texto como o bo recitado. De feito, o único importante é conquistar ao público.

-non é imprescindible saber o texto de memoria.

-por votación do xurado decídense 3 finalistas que volven recitar un texto diferente aos anteriores.

-destes 3 finalistas, sempre por votación do xurado, sae o gañador. 

-o gañador, pode, se quere, volver recitar tras resultar vencedor.

Calquera persoa está invitada a participar, ou acudir como público. 

É agora ou nunca!

Interesados poderán apuntarse enviando un correo ao seguinte enderezo:

poetryslamvigo@gmail.com

preparade as vosas vídeohistorias-vídeopoemas-vídeorelatos. Deben ter unha duración máxima de 4 minutos.

XANTAR POPULAR "A RIA NON SE VENDE"

 Sab, 12/01/2013 - 14:00

XANTAR POPUPALR 3.5 MAIS O QUE PIDAS DE BEBER. O BOTE IRA A PLATAFORMA DA RIA 

Que é o " KYRIARCADO" ?

 Ven, 11/01/2013 - 20:00
 22:00

Este é un obradoiro aberto a calquera persoa interesada na xustiza social e que estea buscando novas ferramentas para pensar e falar sobre discriminación, opresión e privilexio. A linguaxe será accesible pero o debate será profundo. Non fan falla grandes coñecementos teóricos, pero si moitas ganas de pensar.

 

‘Kyriarcado’, un termo que empezou a utilizar a teórica feminista alemana Elizabeth Schüssler Fiorenza, sérvenos para ampliar o debate sobre o patriarcado e levalo a ámbitos máis alá do xénero: orienzación sexual, raza/etnia, clase socia, diversidade funcional/discapacidade, aspecto físico, lingua, especie... Por exemplo, ¿como analizamos a dinámica de poder entre unha muller rica branca e un home pobre negro? ¿E a dinámica de privilexio entre unha muller que non teña ningunha ‘discapacidade’ recoñecida, e unha con parálise cerebral? Non nos chega falar de patriarcado: temos que falar de kyriarcado.

 

A actividade será moi participativo e incluirá dinámicas individuais e colectivas que nos axudarán a comprender os fundamentos do sistema kyriarcal e dos seus subsistemas, a reflexionar sobre como afectan as nosas vidas, e a pensar sobre como podemos aplicar o pensamento interseccional a máis e mellor activismo.

 

O obradoiro está impartido por Xiana GF, quen ten dado outros obradoiros e charlas en distintos foros e asociacións. Xiana é estudiante de Ciencias Agrarias e Botánica en Cornell University (EEUU); autora do documental corto Vera, Lara (and visas), premiado no festival de cine GLBT Lesgaicinemad (Madrid, 2011) e proxectado noutros festivais internacionales; pensadora e blogueira en http://xianagf.wordpress.com, e co-coordinadora a nivel federal do Grupo de Traballo de Políticas de Xénero do partido EQUO.


OBRADOIRO DE CESTEIRÍA

 Xov, 10/01/2013 - 19:00
 21:00

OBRADOIRO DE INICIACIÓN: 



- Nocións básicas.

- Materiais, especialmente os tradicionais.

- Tipos e usos.



O obradoiro terá lugar os xoves de Xaneiro 10, 17, 24, 31



19:00-21:00 



Faremos un percorrido polos tipos básicos de trenzazo e especialmente polos distintos materiais que o noso entorno privilexiado nos agasalla.



O obradoiro é gratuito, aportando os materiais o centro, non precisa de inscripción e o final de cada sesión poderán aportar os participantes o que consideren e poidan para o bote do material de traballo.



Aspira a ser unha actividade estable, que se vaia desenvolvendo a medida que o fan tamén os seus participantes. ANIMÁDEVOS :)

PROXECCIÓN CINEMA!

 Mer, 09/01/2013 - 20:30

Proxectarase a película "On the road"

Concerto

 Mar, 08/01/2013 - 21:30

Concerto a cargo de Jristos Canelos e David Ruiz




Este espazo esta feito por .:trebelab:. funcionando con software-libre: Debian, Drupal e K2 entre outros.